O Concello abre as portas da Aula Municipal de Informática no Centro Sociocomunitario

A partir deste mércores, a veciñanza poderá acceder a este servizo en horario de 10 a 12 e de 16,30 a 18,30 h de luns a venres
 
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de informar que a Aula Municipal de Informática abrirá as súas portas no Centro Sociocomunitario a partir deste mércores, 18 de abril. A partir de entón, o horario de primavera será polas mañás de 10 a 12 h e polas tardes de 16,30 a 18,30 h, de luns a venres. Durante ese tempo, a veciñanza poderá acceder ós equipos informáticos e Internet para realizar as súas consultas e xestións.
 
Así mesmo, dende o Concello sinálase que os/as usuarios/as terán que cumprimentar e asinar unha folla de control antes de usar os ordenadores e sinálase que se ben o uso é gratuíto non así a impresión de documentos.