Axuda de pago único e indemnización para mulleres vítimas de violencia de xénero

Data: 
Jueves, 4 Enero, 2018
Obxecto: 

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
 
Bases e anexos dispoñibles na seguinte ligazón: http://igualdade.xunta.gal/gl/axudas/axuda-de-pago-unico-e-indemnizacion-para-mulleres-vitimas-de-violencia-de-xenero-ano-2018.
 
O prazo para a presentación das solicitudes das indemnizacións do artigo 43 de Lei galega 11/2007, é do 3 de xaneiro ao 31 de outubro de 2018, mentres que o de presentación das solicitudes das axudas do artigo 27 de Lei orgánica 1/2004, é do 3 de xaneiro ao  30 de novembro de 2018.
 
Hai que cubrir correctamente a solicitude (Anexo I), especialmente marcar ben o tipo de axuda que se quere solicitar, non esquecer o marcado da casiña que corresponda (si ou non) na consulta sobre a discapacidade da solicitante e dos/as fillos/as, cubrir o medio de notificación postal ou electrónica (para a notificación electrónica precisan ter certificado electrónico asociado ao NIF da persoa solicitante), e cubrir todos os apartados dos datos económicos (se non ten deben indicar “ningún”).
 
O selo de entrada no Rexistro correspondente debe constar na primeira páxina do modelo de solicitude (neste caso ANEXO I), pois este é o documento que permite identificar a admisibilidade en prazo da solicitude formulada.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

31 de outubro / 30 de novembro