O Concello informa da apertura do prazo para solicitar as estancias para persoas maiores do programa Termalismo

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar as estancias do programa Termalismo do IMSERSO. Un programa dirixido ás persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; de viudedade con 55 ou máis anos ; por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos, ou ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa. Así mesmo, o programa desenvolverase entre os meses de febreiro e decembro de 2018.
Os servizos inclúen aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido; tratamentos termais (recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario, e o seguimento médico do tratamento con informe final), e actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario; póliza colectiva de seguro turístico.
O custe da estancia varía en función de diversos factores como a duración e balneario.
Por último, o prazo para solicitar a adhesión ó programa conclúe o 4 de xaneiro (para as quendas dos meses de febreiro a agosto, inclusives) e o 11 de maio (de setembro a decembro). A Concellería de Servizos Sociais tramita as solicitudes das persoas interesadas.