Monólogo do Padre Merino este domingo na Casa da Cultura de Valdoviño

O Concello de Valdoviño invita este domingo a veciños e veciñas ó monólogo do Padre Merino. A función dará comezo ás 19 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada libre e gratuíta ata completar aforo.
 
O cómico Fran Campos interpreta a un sacerdote fóra do habitual, con extravagantes rarezas e paixóns ocultas nun espectáculo que leva por nome AMEN (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas). Un espectáculo que mistura monólogos, clown, maxia e música.