Subvencións para a instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en vivendas

A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de subvencións ó abeiro do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares. O obxectivo das axudas é incentivar a colocación deste tipo de infraestruturas para favorecer o dereito á accesibilidade universal, no ámbito concreto da accesibilidade arquitectónica.
 
Lugar de presentación
As comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes deberán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
As persoas físicas deberán presentar a súa solicitude preferiblemente por vía electrónica. Tamén poderán presentala en formato papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Deberá dirixirse á área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) onde estea situado o edificio ou a vivenda.
 
Prazo de presentación
Rematará o 2 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS
 
As persoas interesadas poden consultar as bases que rixen a convocatoria clickando aquí