Contratación de 12 peóns de limpeza de praias 2017

Data: 
Viernes, 2 Junio, 2017
Obxecto: 

Contratación laboral temporal de 12 peóns ordinarios de limpeza de praias, mediante o procedemento de concurso-oposición. A referida contratación está subvencionada pola Deputación da Coruña. Todo elo de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto dos traballadores, o Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público, a Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, a Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; , e demais disposicións de pertinente aplicación. 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

5 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio da convocatoria nun xornal de tirada comarcal, no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina Web municipal.