Suspendidas as clases no CPI Atios xoves e venres polos danos no tellado causados polas rachas de vento

As fortes rachas de vento rexistradas estes días provocaron importantes desperfectos no tellado do CPI Atios que obligaron a suspender as clases este xoves e tamén mañá venres, 21 de abril. Estanse a retirar os elementos do tellado que poidan supoñer un risco para o alumnado e o Concello trasladou á Consellería de Educación a situación. Esta mesma mañá o alcalde, Alberto González, desprazábase ó colexio xunto ó delegado territorial da Xunta para avaliar os desperfectos e dar unha solución o máis rápida posible.