Xornada de cultura urbana, días de festa e exposicións

Dentro da programación cultural do verán este domingo celébrase unha xornada de cultura urbana, con show de breakdance, exhibición de graffiti sobre filme, show de beatbox + rap, exhibición e obradoiro de turntablism DJ,  obradoiro de breakdance e obradoiro de personalización de gorras. Estas actividades, dirixidas a rapaces maiores de 12 anos, terán lugar no parque da praia da Frouxeira a partir das 18:00 horas.
 
O luns 17, festivo local, os Festicultores Troupe levarán o seu espectáculo de fusión de melodías balcánicas e circenses co ska, a rumba e a música electrónica ao campo da festa de San Mamede. A partir das 23:30 horas.
 
Por outra banda continúan as exposicións na sala da Casa da Cultura. Se ata o domingo pode verse a mostra "O noso mar", de Xan Veira (xoves e venres de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 e sábado e domingo de 19:00 a 21:00), o martes 18 inaugúrase a exposición de pinturas de Víctor García Novás. O horario de apertura desta mostra será de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 e sábados de 12:00 a 14:00.