Xogando con globos

Nifu Nifa Animación presenta este domingo 12 de xullo "Xogando con globos", un espectáculo para público familiar. No parque da praia da Frouxeira ás 19:30.

Se por mor do tempo non se puidese facer no parque da praia trasladarase á Casa da Cultura e dará comezo media hora máis tarde. Nese caso poñerase un cartel informativo na caseta de socorrismo.