Prórroga axudas do PREPARA

Prórroga axudas do Programa de Recualificación Profesional (PREPARA)
Para persoas que esgotaron a súa prestación entre os días 16 de febreiro e 15 de agosto de 2015, ambos inclusive.

Prórroga da vixencia da Resolución de 1 de agosto de 2013
Prorrógase por un período de seis meses, a partir do 16 de febreiro de 2015, a vixencia da Resolución de 1 de agosto de 2013
A mesma será de aplicación ás persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral e inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas de Emprego que, dentro do período comprendido entre os días 16 de febreiro e 15 de agosto de 2015, ambos inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgotasen algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas, e reúnan o resto dos requisitos establecidos no Real Decreto-lei 23/2012, de 24 de agosto.

Medidas do programa
O Programa inclúe medidas de políticas activas de emprego e axudas económicas: unha subvención de 2.400 ou 2.700 euros por persoa en desemprego, que se cobra en 6 pagas de 400 ou 450 euros mensuais, co compromiso de recibir formación para poder optar a outras saídas laborais.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral e inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas de Emprego que, dentro do período comprendido entre o día 16 de febreiro e o 15 de agosto de 2015, ambos inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgotasen algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas, que cumplan algún dos seguintes requisitos.

Requisitos

  • Levar inscritas como demandantes de emprego polo menos 12 do últimos 18 meses.
  • Ter responsabilidades familiares, tal como se definen no artigo 215.2 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
  • A persoa solicitante debe carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do SMI (484 euros/mes), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
    Se convive con pais e/ou cónxuxe, e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento, ou menores acollidos, unicamente entenderase cumprido o requisito de carencia de rendas cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituída, incluída a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 % do SMI (484 euros/mes), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.