"Máis que un teito"

Os servizos sociais do concello de Valdoviño e ASFEDRO poñen en marcha “Máis que un teito”, un programa de prevención e educación para familias con fillos e fillas entre 3 e 18 anos. O obxectivo é dotar ás familias de habilidades educativas e de comunicación familiar para que se sintan máis competentes na súa función educativa. Entre os temas que se abordarán están as normas e límites, os estilos educativos, o uso das novas tecnoloxías ou a prevención do consumo de drogas.
O programa conta cun espazo simultáneo e gratuito de “Arte coas mans” para que nenos e nenas estean mentres as familias participan das sesións.
Levaranse a cabo os xoves, entre as 17:00 e as 18:30 no colexio Atios. Empezará o xoves 26 de febreiro e as inscricións pódense efectuar até o 24 no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981.487.041 (5)