Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello organiza un curso de inglés oral dirixido ao comercio e hostalería locais

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello, a través da Concellería de Turismo e Cultura, porá en marcha un curso de inglés oral dirixido fundamentalmente aos traballadores do comercio e da hostalería locais. Con esta acción formativa, completamente gratuíta, búscase contribuír á mellora da atención á clientela de procedencia estranxeira que, ano tras ano, gaña peso nas estatísticas de visitantes ao municipio, especialmente polo auxe do surf e da práctica dos deportes náuticos.
 

Valdoviño acolleu unha xornada de traballo do proxecto Turismo Slow Norte de Galicia

A Casa da Cultura de Valdoviño acolleu na tarde do pasado xoves unha das reunións das empresas turísticas participantes no programa Turismo Slow Norte de Galicia, un proxecto pioneiro en Galicia e tamén en España posto en marcha en 2015 polas Mancomunidades de Ferrolterra e Mariña Lucense co apoio da Axencia Turismo de Galicia. Así, nun ambiente distendido, traballouse na planificación estratéxica do proxecto.
 

Luz verde á senda peonil e ciclista que conectará a Frouxeira con Lago e Meirás

Valdoviño contará cunha senda peonil que unirá, ao longo de 3,2 quilómetros, a lagoa da Frouxeira con Lago e Meirás. O alcalde, Alberto González, informou de que a Xunta daba onte luz verde ao proxecto planteado polo Concello xa en 2016 para conectar a zona litoral e que, dende ese tempo, sufriu diversas modificacións para dar cabida ás demandas e propostas trasladadas polo propio Concello.

TripAdvisor impartirá en Valdoviño unha xornada formativa sobre a promoción de destinos e experiencias turísticas

Valdoviño será escenario o vindeiro 7 de marzo dunha xornada de formación dirixida ao sector do turismo activo e de surf –nomeadamente ás empresas que conforman a oferta de Activo 365 e Costa das Ondas- así como aos concellos que conforman o xeodestino. Correrá a cargo de TripAdvisor, unha empresa punteira de promoción, e o obxectivo pasa por explicar como mellorar a promoción e comercialización de produtos, destinos e experiencias.

Concello e movemento asociativo celebran este sábado a VIII edición da festa infantil do Entroido baixo o título “Entroido Pirata”

Entroido 2019

O Concello de Valdoviño, xunto co movemento asociativo do municipio, organiza a VIII edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar este sábado 2 de marzo no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Pirata». A entrada é libre e de balde. O Concello agradece a colaboración das asociacións culturais, deportivas, veciñais, ANPA e amas de casa, que fan posible esta festa.

Os nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchablee, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS