Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello saca a contratación as obras para dotar a Valdoviño do seu primeiro campo de fútbol de herba artificial

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño vén de sacar a contratación a intervención para dotar ó municipio do seu primeiro campo de fútbol de herba artificial. Unha actuación orzamentada en 375.152,12 euros que o Concello prevé executar no menor prazo de tempo posible. O prazo de presentación de ofertas para optar ó contrato está aberto e pecharase o vindeiro 26 de setembro ás 13 horas. O anuncio de licitación e pliegos poden consultarse na Plataforma de Contratación do Sector Público do Goberno de España.
 

Isabel Felgar e Pedro Osorio, vencedores absolutos da IV Carreira na Area da Frouxeira

Carreira na Area 2018

Éxito de participación na cuarta edición da Carreira na Area organizada na praia da Frouxeira pola Concellería de Deportes de Valdoviño que dirixe Sergio Saavedra. Isable Felgar e Pedro Osorio subíanse ó máis alto do pódium o pasado domingo, ó proclamarse vencedores absolutos da proba. Andrea Hurtado e Rebeca González ocupaban a segunda e terceira posición respectivamente na categoría feminina, namentras que Xosé Manuel Meizoso e Ricardo Fernández facían o propio na masculina.
 

Pantín Classic, escaparate do patrimonio arqueolóxico do municipio de Valdoviño

Pantín Eco Surf

O Pantín Classic Galicia Pro estase a converter nestes días no mellor escaparate para a promoción do patrimonio natural e arqueolóxico do municipio de Valdoviño. E é así grazas á colaboración establecida entre o Concello e a organización do campionato, a través do espazo Pantín Eco Surf. Alí, cada día, os visitantes poden atopar dúas pallozas, ambientadas nun castro con antorchas e prantas, onde o Concello facilita todo tipo de información sobre os principais recursos turísticos do municipio. Un espazo que, grazas á Mancomunidade, contará venres e sábado con atención personalizada.

O Meirás CF, gañador do XXVIII Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño

Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño

O Meirás CF proclamouse vencedor do XXVIII Torneo de Fútbol Concello de Valdoviño disputado o pasado domingo no campo de fútbol de Vilaboa. Impúxose na gran final á SD Valdoviño, nun reñido partido que rematou 3-2 a favor do equipo do Meirás.
 
Previamente, a UD Lago e o CD Rosalía de Vilaboa enfrontábanse nun emocionante encontro para dirimir o terceiro e cuarto clasificado. Tras rematar o tempo de xogo con empate a ceros, na tanda de penaltis o Lago impúxose finalmente ó Rosalía.
 

O Concello de Valdoviño solicita a adhesión ó convenio entre Xunta, Fegamp e Seaga en materia de prevención de incendios forestais

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño vén de presentar formalmente a súa adhesión ó convenio de colaboración suscrito entre Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga en materia de prevención de incendios forestais. Un convenio que permitirá a creación dun sistema público de xestión da biomasa nas chamadas faixas secundarias, é dicir, aquelas próximas ós núcleos de poboación.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS