Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello de Valdoviño abre a inscrición este luns nas actividades da Escola de Música

O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que o próximo luns, 10 de setembro, abrirase o prazo de inscrición nas diferentes actividades da Escola Municipal de Música. A programación inclúe música en movemento para nenos e nenas de 3 a 5 anos, e guitarra clásica e eléctrica, piano, percusión e canto moderno, para nenos e nenas a partir de 6 anos e persoas adultas.
 

Festa de clausura dos cursiños de natación organizados polo Concello na piscina da Saíña

Foto de familia

Os veciños e veciñas, nenos e maiores, que tomaron parte durante os meses de verán nos cursos de natación organizados polo Concello no marco do programa municipal OcioSol 2018 despediron a actividade a semana pasada cunha gran festa de fin de curso na piscina da Saíña.
 

Familias e nenos e nenas despiden Concilia Verán compartindo xogos e confidencias

Concilia Verán

Tras un sinfín de mañás de xogo, de saídas ó litoral de Valdoviño, de conversas con veciños e veciñas… O programa municipal Concilia Verán despedíase o pasado venres por este ano. Na última xornada, as familias achegábanse ó local social de Pantín, escenario da proxecto, para compartir unha mañá de xogos, merenda e confidencias cos seus fillos e fillas. Nenos e nenas de 3 a 12 anos que, durante os meses de xullo e agosto, tomaron parte no programa de ocio didáctico para favorecer a conciliación da vida persoal e laboral que impulsa o Concello.

José Enrique Díaz e Juan Carlos Couce suben ó máis alto do pódium no III Open Internacional de Pesca Deportiva disputado en Portugal

Os gañadores do Open
Trofeo do III Open Internacional

A parella formada por José Enrique Díaz Sueiras e Juan Carlos Couce Castro, ambos do Club O Rodaballo de Valdoviño, proclamouse campiona a pasada fin de semana no III Open Internacional de Pesca Deportiva. Competición incluída na Golden League, organizada polo Clube de Pesca AMIR, e disputada nas praias de Moledo do Minho e vila praia de Ancora.

O Concello avanza na consecución dun alumbrado eficiente no 100% do municipio

Completa a renovación do alumbrado público por LEDs na estrada AC116 dende a rotonda de Robles ata a zona limítrofe co Val
 
Avanzará na substitución das lámpadas en Sequeiro tras concluír unha primeira intervención na estrada AC566, dende a rotonda de Robles ata a intersección coa estrada de Aviño, á altura de Lanzós
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS