Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Últimos días para sumarse á VII edición da Milla Urbana a favor de Cáritas

O paseo da Lagoa da Frouxeira albergará este domingo, 23 de setembro, a VII edición da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, o prazo de inscrición continuará aberto na web www.carreirasgalegas.com ata este xoves, 20 de setembro, ás 23:59 h. Inscrición que tamén pode facerse ata esa data de forma presencial na concellería –de luns a venres, de 9 a 14 h- e Oficina de Turismo –de 10 a 14 e de 16 a 20 h-.
 

A praia de Pantín acollerá a partir do sábado o Campionato Mundial de Waveski Surfing

Cartel Campionato

A praia de Pantín acollerá a partir deste sábado e ata finais de mes o Campionato Mundial de Waveski Surfing, un deporte dinámico que combina o poder do remo de kaiak coa maniobrabilidade e o rendemento dunha táboa de surf. Máis de 160 deportistas procedentes de 14 países como Australia, Sudáfrica ou Arxentina acudirán ó campionato, que organiza o Club Náutico A Folixa de As Pontes, e no que colabora o Concello de Valdoviño, a Deputación provincial da Coruña, a Federación Galega de Piragüismo e a Asociación Mundial de Waveski.
 

O Concello de Valdoviño ofrece clases gratuítas de Danzas do Mundo

O Concello de Valdoviño vén de abrir o prazo de inscrición nas clases de Danzas do Mundo. Unha proposta pensada para persoas maiores de 16 anos e completamente gratuíta. As sesións celebraranse todos os martes no local da Asociación A Frouxeira, entre as 19 e as 20 horas. Así mesmo, dende a Concellería de Cultura apúntase que a actividade comezará en outubro.
 

O Concello abre a inscrición nos obradoiros gratuítos de estimulación cognitiva para maiores de 60 anos

Obradoiros estimulación cognitiva

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Cultura, vén de abrir o prazo de inscrición nos obradoiros de estimulación cognitiva para persoas maiores de 60 anos. Unha actividade gratuíta que se desenvolverá nas parroquias de Valdoviño e de Meirás. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na Casa da Cultura, de luns a venres de 10 a 13 horas.
 

O Concello de Valdoviño abre a inscrición na programación de actividades deportivas

Actividades deportivas

A Concellería de Deportes que dirixe Sergio Saavedra vén de abrir o prazo de inscrición na programación de actividades deportivas para o curso 2018-2019.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS