Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O pago do rodaxe queda aprazado ata novo aviso

En aplicación do Real Decreto 463/2020, polo que se declara o estado de alarma, a Deputación Provincial da Coruña informa da suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación de todos os procedementos tributarios que xestiona a Deputación da Coruña.
 
En consecuencia, os prazos vixentes de pago de todas as taxas e impostos pendentes quedan en suspenso e van ser ampliados, polo que a cidadanía non debe preocuparse se ten un trámite pendente cos servizos de xestión e recadación tributaria da Deputación.
 

O Concello suma á súa plantilla dous auxiliares de policía, xa en activo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local, ampliando de tres a cinco o número de axentes municipais. A actual situación de alerta motivou a súa incorporación inmediata ao servizo e, unha vez se dé por superada, os auxiliares completarán a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública, tal e como marca a normativa.
 

O Concello habilita 2 liñas telefónicas de axuda

Liñas telefónicas

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello vén de habilitar os números de teléfono 695 096 198 e 628 711 080 para atender as consultas e necesidades das veciñas e veciños maiores, daqueles persoas que viven soas e daquelas que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
 
Así, a través destas liñas telefónicas, o Concello tentará solventar as dúbidas que a veciñanza teña en relación ás medidas e restriccións aprobadas para previr a expansión do COVID-19 (coronavirus).
 

O Concello aproba habilitar estacionamentos para persoas con diversidade funcional nas inmediacións da rotonda da Frouxeira

O Concello prevé habilitar na zona contigua á rotonda da praia da Frouxeira prazas de estacionamento destinadas a aquelas persoas con diversidade funcional. Así o anunciou o alcalde, Alberto González, tras a aprobación inicial en pleno da modificación da ordenanza municipal de tráfico que permite adoptar esta iniciativa e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP).
 

Viaqua pecha temporalmente a oficina do servizo municipal de auga

Viaqua anunciou o peche das oficinas de atención ao público de forma temporal. Esta medida preventiva está orientada a garantir a seguridade e saúde do persoal e os clientes, e atópase en liña coas medidas xa tomadas previamente e coas recomendacións feitas pola Xunta de Galicia e tamén polo Goberno de España ao tecido empresarial e outras organizacións. 
 
Todas as xestións poderanse seguir realizando a través das canles de atención non presenciais como son teléfono de atención ao cliente (900 201 230), teléfono de incidencias (900 201 250) e oficina virtual.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS