Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Aberta a inscrición na ruta Ferrol en Feminino

Continuando coas actividades relacionadas co Día da Muller, o Concello de Valdoviño convida á súa veciñanza a coñecer a cidade de Ferrol nun itinerario recordando a mulleres que marcaron fitos importantes na Historia. Mulleres como Concepción Arenal ou Ángeles Alvariño.
 
A visita, guiada, inclúe 7 enclaves que van desde o punto de saída no Porto de Curuxeiras até a rúa Concepción Arenal cunha última parada no Centro Torrente Ballester. Terá lugar o venres 29 de marzo e partirá da oficina de turismo emprazada no peirao de Curuxeiras ás 18 horas.
 

O pleno do Concello de Valdoviño aproba unha declaración de apoio aos traballadores de Poligal

A corporación municipal de Valdoviño respaldou por unanimidade unha declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadoras de Poligal. Foi no último pleno municipal celebrado en Valdoviño, no que concelleiros e concelleiras fixeron súa unha moción conxunta trasladada pola plantilla.

Entrevistas a nais do século XXI para conmemorar o Día da Muller en Valdoviño

Baixo o título «Entrevistas a nais do século XXI », Concello e movemento asociativo reunirán a diferentes mulleres para falar dos diferentes tipos de familia e das súas vivencias e realidades. Será mañá martes a partir das 18 horas no auditorio da Casa da Cultura, nun acto que conducirá José Ángel Fernández Díaz, e co que Valdoviño conmemorará o Día da Muller.

O Concello dá a palabra a mulleres que representan ás diferentes familias para abordar e visibilizar a súa realidade

VUDÚ

No marco da programación do Día da Muller, e seguindo a línea iniciada hai dous anos, o Concello de Valdoviño e movemento asociativo convidan este martes 19 de marzo á veciñanza a un coloquio protagonizado por mulleres. Representan diferentes tipos de familia, dende a monoparental ata a homoparental, pasando pola numerosa ou aquela que ten fillos/as con diversidad funcional, ou fillos/as adoptados/as. Unha diversidade que existiu sempre pero que en moitos casos estaba oculta de cara ao exterior.

Aberta a inscrición no obradoiro “Danzando a sororidade”

Danzando a sororidade

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, vén de abrir o prazo de inscrición no obradoiro «A revolución a través do corpo: danzando a sororidade». Terá lugar o venres 22 de marzo ás 18 horas na Casa da Cultura, con participación gratuíta e está dirixido a mulleres.
 
As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse ata o mércores 20 no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial) ou chamando ao número 981 48 70 41.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS