Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Aprazada ata novo aviso a III Volta ás Forcadas do Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, informou esta mañá de que a Volta ás Forcadas prevista para este domingo queda aprazada ata novo aviso. O departamento municipal viuse obrigado a tomar esta medida por problemas técnicos e pide desculpas de antemán polas posibles molestias ocasionadas. Así mesmo, comprométese a que, en canto lle sexa posible, informará da nova data para a celebración da proba, incluída no calendario do 3º Circuito CORRE POLO NORTE.
 

Valdoviño celebra este sábado a súa II Xuntanza de Palilleiras

Xuntanza Palilleiras

Un total de 350 palilleiras confirmaron a súa asistencia á segunda edición da Xuntanza de Palilleiras e Multilabores do Concello de Valdoviño. Celebrarase este sábado, 9 de xuño, no pavillón do CPI Atios de Valdoviño, organizada pola Asociación Mulleres do Rural María del Mar Becerra coa colaboración do Concello de Valdoviño. Unha oportunidade única para achegarse a este traballo artesanal e, tamén, dar a coñecer o municipio. E é que as palilleiras que asistirán proceden dun bo número de localidades de toda Galicia e tamén de Asturias e Castela.
 

O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación

O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición nos Campamentos Deportivos de Verán 2018 da Deputación provincial da Coruña. Este ano, ó municipio asignáronlle tres prazas para a quenda do 1 ó 6 de xullo. Así, as persoas interesadas en optar a unha delas, necesariamente empadronadas en Valdoviño, poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral ata o 15 de xuño, incluído. Amáis da instancia, deberán entregar unha foto tamaño carnet, fotocopia do DNI e certificado/volante de empadronamento.

Éxito de participación e público na II Exhibición de Judo Concello de Valdoviño

Entrega de medallas

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, presidiu a entrega de medallas ós nenos e mozos que tomaron parte na cita deportiva celebrada no Longoiro
 
Uns 150 nenos e nenas que a diario adestran no Clube Bitácora de Ferrol e que proceden dos diferentes municipios da comarca, como Valdoviño, tomaron parte o pasado sábado na segunda edición da Exhibición de Judo Concello de Valdoviño.
 

A Oficina Municipal de Turismo abre as súas portas na Porta do Sol

Interior da Oficina de Turismo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que a Oficina Municipal de Turismo abre dende hoxe as súas portas. Estará operativa os sete días da semana grazas á incorporación de dúas técnicas de turismo, contratadas ó abeiro dunha subvención procedente da Deputación provincial da Coruña.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS