Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Festiocio Valdoviño

O mes de agosto remata en Valdoviño cunha xornada festiva para todos os públicos. O sábado 31, a partir das 18:00 horas, terá lugar unha multiparty infantil, con atraccións e animacións (tirolina, festa da espuma, visita de Bob Esponja, etc.).
 
Ás 23:00 horas haberá un Festival Caribeño, coa actuación de Eddy McLean e a orquesta Merensalsa.

A pataca será a estrela do feirón de setembro

Feirón setembro

En setembro o feirón mensual conmemora que Valdoviño foi o primeiro lugar de Europa onde se cultivaron as patacas traídas de América, en 1767.
 
O sábado 14 de setembro celebrarase a primeira Festa da pataca e haberá un concurso de tortilla de patacas, con premios ás mellores tortillas. As bases atópanse no documento adxunto:

Valdoaventura 2013

Sorteos en Valdoaventura

Dadas las magnificas cualidades y el potencial a nivel turístico que presenta Valdoviño, el Ayuntamiento quiere invitarnos a conocer la 1ª edición de la Feria de Turismo Activo y de Aventura Valdoaventura 2013, que se celebrará en la Puerta del Sol los días 24 y 25 de agosto.
 

Remate Curso TAICHI Verán 2013 - "Envellecemento Cero II"

Onte púxose punto e final ao Curso de TAICHI para maiores de 55 anos organizado dende o Departamento de Servizos Sociais. A actividade inclúese dentro do Programa de Envellecemento Activo financiado pola Deputación da Coruña, "Envellecemento Cero II".
 
Durante o mes de duración participaron un total de 15 persoas, o 100% mulleres.
 
Durante o 2º semestre de 2013 e 1º semestre de 2014 continuarase co desenvolvemento do Programa a través de actividades específicas dirixidas ao colectivo de maiores de 55 anos.
 
***Ver FOTOS***

Andada ao faro de Meirás

Domingo 25 de agosto. Saída ás 09:30 horas do campo de fútbol do Meirás. Dificultade Baixa.

Inscricións gratuítas ata o 23 de agosto, de 09:00 a 13:30 horas, presentándose na Casa da Cultura ou chamando ao 981487666.
 
Máis información sobre o percorrido no apartado de rutas da web: Faro da Frouxeira, a luz máis nova de Galicia.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS