Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello de Valdoviño aborda coas asociacións do municipio as necesidades respecto ó transporte público

O Concello iniciou nas últimas xornadas unha ronda de contactos coas diferentes asociacións do municipio para coñecer cales son as necesidades e carencias que detectan respecto ós novos servizos de transporte público postos en marcha pola Xunta de Galicia. Eses contactos, segundo sinalou o alcalde, Alberto González, véñense producindo a través de xuntanzas ou conversas cos responsables do movemento asociativo e, ata a data, xa se recolleu a opinión e demandas das entidades das parroquias de Loira, Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa.

Últimos días para anotarse na VI Milla Urbana Concello de Valdoviño

VI Milla Urbana Concello de Valdoviño

O paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario este domingo, 1 de outubro, da sexta edición da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Un evento aberto á participación de nenos e maiores. O prazo de inscrición pecharase este xoves e pódese formalizar na web www.carreirasgalegas.com (ata as 23:59 h dese día) ou de forma presencial na Concellería de Deportes –segunda pranta da casa consistorial de luns a venres de 9,30 a 13,30 horas-.
 

Andada a San Andrés con recreación teatralizada en Porto do Cabo

Foto de familia da Andada

Unhas 120 persoas tomaron parte o pasado sábado na Andada a San Andrés de Teixido organizada polo Concello de Valdoviño. Unha iniciativa que, neste 2017, cumplía dezaoito edicións e que volveu a celebrarse con todas as prazas ofertadas cubertas.
 

Charla informativa sobre o curso de preparación para a obtención do título de ESO e Competencias Clave

A Biblioteca Municipal de Valdoviño será escenario este xoves, 28 de setembro, dunha charla informativa dirixida ás persoas interesadas en inscribirse nos cursos para preparar os exames para obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria e as Competencias Clave. A conferencia, a cargo do Centro Oficial de Formación para Persoas Adultas, dará comezo ás 19,30 horas con entrada libre.

Valdoviño organiza a VI Milla Urbana no paseo da Lagoa da Frouxeira

VI Milla Urbana Valdoviño

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou esta mañá que, un ano máis, o paseo da Lagoa da Frouxeira será escenario da Milla Urbana Concello de Valdoviño. Organizada pola Concellería de Deportes, chega á súa sexta edición.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS