Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Melloras nas praias de Valdoviño

A Demarcación de Costas, a petición do Concello, continuou este martes cos traballos de mellora e mantemento nos areais de Valdoviño.
 
Tras a retirada de entullos da praia de Pantín realizada nos pasados días, os traballos centráronse no acceso ao areal do Baleo, que quedara danado polos temporais dos pasados invernos.
 

Prohibido o baño no río da praia de Meirás

As últimas analíticas realizadas no río da praia de Meirás amosan parámetros non axeitados para o baño, polo que o Concello de Valdoviño prohibe o baño no río e recomenda que se restrinxa o mesmo no resto do areal.
 

Ociosol 2015, deporte para todos

Aquaerobic na Frouxeira

As actividades deportivas do verán, que comezaron coas xornadas de vela e piragüismo no encoro das Forcadas, continúan coa celebración do Ociosol, co clásico torneo de fútbol sala e as diferentes modalidades de fitness na praia.
 

Consumo racional da auga

O alcalde de Valdoviño vén de editar un bando no que se recomenda a todos os usuarios utilizar o servizo de abastecemento de auga con responsabilidade, mediante un consumo eficiente que permita un maior aforro da mesma.
 
A activación do estado de prealerta acentúa aínda máis do habitual a necesidade dun consumo responsable dos recursos.
 

Contacontos e andada con Os Quinquilláns

O parque da praia da Frouxeira acolle este venres a posta en escea de Conto do sal, contacontos de Os Quinquilláns. O público poderá participar nunha pequena andada nocturna relacionada coa temática do conto (un segredo cheo de aventuras).
 
O espectáculo, dirixido a todos os públicos e incluído na Rede Cultural da Deputación, comeza ás 22:30 horas.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS