Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Fin de semana teatral

O Auditorio de Valdoviño acolle este fin de semana unha doble cita teatral.
 
Tangatutanga Teatro presenta o sábado (20:00 horas) Cabaré Bíblico, unha obra recomendada para maiores de 12 anos.
 
O domingo será o turno de Fanfarra Teatro, que ás 18:00 horas porá en escea O faiado, dirixida a todos os públicos.
 
A entrada para cada unha das actuacións é gratuíta.

A directiva de Costa Noroeste reúnese en Valdoviño

O Concello de Valdoviño acolleu este xoves a xunta directiva da Asociación Costa Noroeste. Entre os asuntos tratados cómpre salientar a aprobación do orzamento do organismo e o avance do proxecto 2014-2020.

Regulación do nivel da Lagoa da Frouxeira

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha os traballos de regulación do nivel hídrico da Lagoa da Frouxeira.
 
Esta medida, de competencia autonómica, realízase despois do crecemento producido na lagoa durante os últimos días e atendendo ao indicado no Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño.

Música, pintura, teatro e Nadal

A programación cultural deste mes ponse en marcha coa presentación do videoclip "La lluvia que te adorna", de Marcos Mella. O autor ferrolán actuará no Auditorio Municipal, nun acto que comezará coa entrega de diplomas aos participantes no Curso de horticultura doméstica. Será a partir das 19:30.
 

App "Escapp": nova aplicación para vítimas de violencia de xénero

A Escapp é unha nova aplicación específica para vítimas de violencia de xénero, permite ás mulleres vítimas do maltrato obter información de apoio e acceder a recursos, coma CIM, comisarias, ou hospitais, entre outros,de interese e próximos á súa localización. Todo iso dunha forma áxil, sinxela, intuitiva, gratuíta e sobre todo confidencial xa que a aplicación está deseñada para que permaneza oculta no menú do teléfono de tal maneira que tan só a usuaria implicada saiba que dispón dunha aplicación sobre violencia de xénero.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS