Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Fase de oposición para a limpeza de praias

A listaxe de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a limpeza de praias 2015 fíxose definitiva segundo o documento adxunto.
 
Os aspirantes admitidos deberán presentarse, provistos do DNI, no CPI Atios o mércores 1 de xullo (nas horas que se sinalan no adxunto), para levar a cabo a primeira fase do proceso: oposición, que se desenvolverá conforme ao sinalado no punto 6º das bases para a contratación.
 

Presentado o Xtreme Pantín

Presentación do campionato

A praia de Pantín acolleu este domingo a presentación do Campionato do Mundo de Kayaksurf, que se celebrará no areal valdoviñés durante toda esta semana.

O acto contou cun desfile de participantes.

Listado provisional de persoas admitidas/excluídas para a limpeza de praias

Aprobado o listado provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de traballadores/as para a limpeza de praias 2015

Convocadas dúas prazas de socorrista

O Concello de Valdoviño convoca a provisión, con carácter laboral temporal, de dúas prazas de socorristas, por un periodo de dous meses e medio a xornada completa.

A selección de aspitantes terá lugar o xoves 25 de xuño de 2015, ás 10:00 horas, debendo presentarse os aspirantes na piscina municipal de Cerdido. A contratación xestionarase segundo as bases adxuntas.

Verán cheo de cultura e lecer

Programación xullo-agosto

O Concello de Valdoviño programou unha completa axenda para estes meses de verán, con catro exposicións, teatro, citas gastronómicas e moita festa.
 
As carrilanas baixarán en agosto (8 e 9) por decimonovena vez, nunha cita das máis clásicas do concello. Tamén está xa consolidada a Festa do percebe, que en Meirás chega a súa sétima edición (1-2 agosto).
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS