Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Relación de subvencións recientes

Listaxe de subvencións ás que poden optar os veciños de Valdoviño e publicadas recientemente:

Excursión Cultural á Coruña - "Envellecemento Cero"

Visita cultural á Coruña

O pasado xoves tivo lugar a última das actividades programadas dendo de "Envellecemento Cero", programa de envellecemento activo subvencionado pola Deputación da Coruña. Un total de 50 persoas maiores de 55 anos (75% mulleres) participaron nunha xornada activa de visita cultural: Casa do Home, Casa dos Peixes e Casa das Ciencias/Planetario.

Iª Andada Valdoviño-Santiago de Compostela

O Concello organiza unha ruta entre Valdoviño e Compostela, polo Camiño Inglés. A andada farase durante o mes de maio, en cinco etapas:

Rede Xiana 2

O Departamento de Servizos Sociais Comunitarios comezará o luns día 15 co proceso de inscrición de alumnado para a oferta formativa dentro do proxecto Rede Xiana 2 da Deputación da Coruña.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 3 de maio, levando a cabo posteriormente a baremación e selección de alumnado.
Para concertar cita dentro do prazo: no Dto. de Servizos Sociais Comunitarios do Concello ou no tlf. 981487041-ext.5

As veciñas de Valdoviño poden tramitar as axudas de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero

O Concello de Valdoviño, a través do departamento de Servicios Sociais, pon a disposición das veciñas as axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
 
O pasado 2 de abril de 2013 regularonse as bases para a concesión destas axudas, que se poderán solicitar ata o 31 de outubro de 2013.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS