Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Rede Xiana2: Curso de HORTICULTURA E FLORICULTURA (para persoas desempregadas)

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello en relación co proxecto Rede Xiana2 e coa acción formativa difundida nestas últimas semanas, comunicar que existen prazas vacantes por se alguén estivese aínda interesado/a en participar.
Para máis información contactar co Departamento na planta baixa do Concello ou no tlf. 981487041, ext.5 

Encontro coa secretaria xeral de Turismo

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, mantivo na mañá deste luns unha reunión coa secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, co fin de abordar temas de interese para o municipio.
 

Espectáculo "Os forzu2" e Feira Medieval

Cartel "Os forzu2"
IV Feira Medieval

O parque da praia da Frouxeira acolle este domingo, ás 19:30 horas, a representación do espectáculo "Os forzu2".
 
Por outra banda, dende as 17:00 horas está aberta a IV Feira Medieval de Valdoviño. O alcalde, Alberto González, fará a lectura do pregón este sábado ás 12:30 horas.

Convocatoria de prazas na cuadrilla municipal de obras

O Concello de Valdoviño convoca a provisión de dúas prazas de peóns e unha de oficial de segunda para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais. A contratación con carácter laboral temporal é por un período de tres meses a xornada parcial de 25 horas semanais.
 
A selección de aspirantes realizarase o día 29 de xullo, ás 10:00 horas, na nave industrial do Concello sita no Lugar de Mourente.
 

Valdoviño NON ten problema de restricción de auga

Valdoviño NON se atopa afectado polo problema de restricción de agua xurdido nos concellos da comarca de Ferrol.
 
Valdoviño conta cun sistema de potabilización propio e non ten os problemas detectados pola Xunta de Galicia nalgúns concellos da ría. De feito, hoxe mesmo fíxose unha nova análise que indica que a auga de Valdoviño está en perfecto estado para o seu consumo.
 
O Concello de Valdoviño púxose a disposición do alcalde de Ferrol para calquera necesidade de abastecemento dos equipamentos públicos de carácter sanitario ou social.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS