Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Sondeo sobre demanda do Punto de Atención á Infancia

O concello de Valdoviño está a traballar na posibilidade da apertura do Punto de Atención á Infancia, un recurso que acolla a nenas e nenos entre 0 e 3 anos durante o día, a cargo de profesionais do ámbito infantil e educativo. Para valorar a necesidade do servizo e precisar as condicións, prégase a participación da veciñanza interesada, co obxectivo de facer un sondeo das necesidades xerais.
 

Asinado o convenio de colaboración co Pantín Classic

Sinatura do convenio
Outro momento da sinatura do convenio

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e o director do Pantín Classic, Miguel Galeiras, asinaron na mañá deste venres o convenio de colaboración para a organización dunha nova edición do campionato mundial de surf, que se celebrará entre os días 1 e 6 de setembro.
 
O 28º Pantín Classic Galicia Pro mantén a súa categoría QS 6000 (antigas seis estrelas) na proba feminina e QS 1500 (3 estrelas) na masculina, o que permitirá un ano máis ter na praia de Pantín a algúns dos mellores surfistas mundiais.
 

Teatro para toda a familia

O domingo ás 19:30 horas Falabaratas representará Sopa verde, unha obra de teatro para toda a familia, especialmente recomendable para o público infantil. A posta en escea terá lugar no parque da praia da Frouxeira.
 
Ademais, dende esta semana, e ata o 31 de agosto, está aberta unha mostra da obra pictórica de Víctor García Novás. O horario de visita na Sala de exposicións municipais é de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 e os sábados de 12:00 a 14:00 horas.

A praia de Meirás, apta para o baño

O resultado das análises realizadas pola Xunta de Galicia na praia de Meirás permiten a apertura da mesma ao baño.

En relación ao río, estase á espera do resultado das últimas análises.

Xornada de cultura urbana, días de festa e exposicións

Dentro da programación cultural do verán este domingo celébrase unha xornada de cultura urbana, con show de breakdance, exhibición de graffiti sobre filme, show de beatbox + rap, exhibición e obradoiro de turntablism DJ,  obradoiro de breakdance e obradoiro de personalización de gorras. Estas actividades, dirixidas a rapaces maiores de 12 anos, terán lugar no parque da praia da Frouxeira a partir das 18:00 horas.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS