Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Inauguración da exposición de tallas en madeira

O vindeiro mércores 15 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración da exposición de “Traballos de tallas en madeira do obradoiro realizado en Valdoviño”.
 
Esta mostra de traballos de talla en madeira ubícase na Sala de Exposicións da Casa da Cultura e estará aberta ata o día 31 de maio, nos seguintes horarios:

  • Mañá: de luns a venres, de 11:00 a 13:00 horas.
  • Tarde: de luns a venres, de 16:00 a 19:00 horas.

Documentación necesaria para participar no Feirón

Os interesados en participar no Feirón Mensual de Valdoviño, que comenzará o vindeiro sábado 8 de xuño, deberán presentar a seguinte documentación no Rexistro municipal:

  1. Solicitude de inscrición no Feirón Mensual de Valdoviño, segundo o modelo adxunto.
  2. Dúas fotografías tamaño carné.
  3. Fotocopia do DNI.
  4. Fotocopia do último recibo de autónomos.
  5. Seguro de responsabilidade civil.
  6. Certificados de estar ao corrente coas obligacións con Facenda e coa Seguridade Social.

Convocado o comité de avaliación das ofertas técnicas do Servizo de limpeza

Unha vez presentada a documentación requerida pola Mesa de contratación do Servizo de limpeza de edificios municipais, foron admitidas todas as empresas licitadoras.
 
O vindeiro mércores 15 de maio, ás 10:00 horas, reunirase o comité de expertos que avaliará as ofertas realizadas no respecto ao sobre B: Referencias técnicas.
 
Toda a información referida a este trámite está dispoñible no Perfil de contratante da web: Servizo de limpeza de edificios municipas 2013.

Curso de "Preparación para a Xubilación"

Cursos de Formación Semipresenciais: Maio - Xuño 2013.
 
O Obxecto do curso é facilitar o tránsito da "vida laboral activa" á "xubilación activa". Está dirixido a persoas maiores de 55 anos. As prazas son limitadas, por orde de solicitude e mediante unha inscrición a realizar nesta web ata o 10 de maio. O prezo é de balde.
 

O Concello súmase ao convenio sobre desafiuzamentos

O Concello de Valdoviño decidiu sumarse ao convenio de colaboración acordado entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e o Consello Xeral do Poder Xudicial para a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do desafiuzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social. Os trámites establecidos neste acordo para a atención a casos de desafiuzamentos serán levados a cabo dende a Concellería de Benestar Social.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS