Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

"Programa Achega"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, está a preparar un Convenio de Colaboración co comercio local para levar a cabo unha nova acción dentro do programa "ACHEGA". Para dar continuidade á campaña "1KILO+", en colaboración co alumnado/profesorado do CPI ATIOS, e ao Festival Solidario en colaboración coas Asociacións, búscase implicar ao comercio local e á veciñanza para contribuir á doazón de alimentos e produtos de hixiene, que se destinarán ás familias con maiores necesidades do Concello.

"Marzo de Mulleres"

Para conmemorar o día 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, o Concello de Valdoviño, dende o Dpto. de Cultura presenta a súa programación mensual:
Sábado 9 de marzo: celebración do Día da Mulleres ás 18:00 h. no auditorio da Casa da Cultura. Actuacións do Grupo de Teatro Rosalía de Vilaboa e de "Los Nostálgicos".     
Domingo 17 de marzo: Teatro da Zarabanda ás 19:00 h. no auditorio da Casa da Cultura. "Entre nós, mulleres". Para todos os públicos.                                     

"Programa Activad@s"

Onte deu comezo o "Programa Activad@ s", enmarcado dentro das actuacións para o envellecemento activo da Deputación da Coruña e organizado polo Departamento de Servizos Sociais municipais. A primeira sesión (impartida pola técnica da Fundación Educación, Deporte e Saúde), cunha agradecida participación, tratou o primeiro dos temas propostos: "O papel do exercizo físico na prevención e tratamento das enfermidades cardíacas". As persoas participantes puideron desfrutar dunha xornada totalmente activa chegando arealizar pequenas prácticas de actividade física ao finalizar a sesión.

Resolución de nomeamento do operario municipal

Concluídas as probas de selección por concurso-oposición dunha praza de operario municipal en réxime de interinidade, Grupo E, Escala: Administración Especial, Nivel:7, vacante no Concello, elévanse a definitivos os resultados finais das probas selectivas e realízase a resolución de nomeamento correspondente.
 
Pódese consultar o decreto coa resolución e toda información sobre a contratación nesta ligazón: Contratación de persoal (operario municipal).

Exitosa participación na I Xornada de Termalismo

A I Xornada de Termalismo organizada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello e subvencionada pola Deputacion da Coruña dentro do programa "Envellecemento Cero" tivo un 100% de participación na xornada de onte.
 
50 persoas maiores de 55 anos decidiron sumarse á iniciativa local e desprazarse ás 9 da mañá cara o SPA ATTICA 21 de Vilalba. Durante a xornada puideron disfrutar tanto coas actividades físicas acuáticas guiadas por monitorado como polo relax e baño totalmente libre.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS