Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

IV Programa de deporte inclusivo

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ven desenvolvendo dende o ano 2011, en colaboración coa Deputación da Coruña, un programa de deporte inclusivo que pretende: experimentar un cambio cultural cara os conceptos de diversidade funcional e inclusividade; fomentar o deporte e a actividade física como esenciais para a saúde e a realización persoal; e a colaboración entre municipios e entidades para que poidan ofertarse actividades optimizando os recursos e beneficiando a un maior número de persoas usuarias.
 

O sonoro maxín en Valdoviño

Este domingo 30 de agosto chega O sonoro maxín (a onda sonora na rúa) a Valdoviño.
 
Banda formada por músicos procedentes de Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions, teñen compartido escenarios con músicos como Manu Chao. A actuación, dirixida a todos os públicos, comeza ás 19:30 horas no parque da praia da Frouxeira.

Gonnaba gaña o Ociosol de fútbol sala

Os dous equipos finalistas
O alcalde entrega o trofeo
O alcalde entrega o trofeo

O torneo de fútbo sala Ociosol 2015 rematou co trunfo de Gonnaba, que se impuxo na final ao Esteagüa de Mondariz. O partido estivo moi disputado, decidíndose o campionato na tanda de penaltis.
 
O fútbol toma o relevo deportivo, coa celebración a partir das 17:30 deste sábado do XXV Torneo de fútbol Concello de Valdoviño. O campo do Lameiro de Vilaboa acolle o campionato, coa disputa das semifinais Lago veteranos - Rosalía e Meirás - Valdoviño e as finais.
 

Sondeo sobre demanda do Punto de Atención á Infancia

O concello de Valdoviño está a traballar na posibilidade da apertura do Punto de Atención á Infancia, un recurso que acolla a nenas e nenos entre 0 e 3 anos durante o día, a cargo de profesionais do ámbito infantil e educativo. Para valorar a necesidade do servizo e precisar as condicións, prégase a participación da veciñanza interesada, co obxectivo de facer un sondeo das necesidades xerais.
 

Asinado o convenio de colaboración co Pantín Classic

Sinatura do convenio
Outro momento da sinatura do convenio

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, e o director do Pantín Classic, Miguel Galeiras, asinaron na mañá deste venres o convenio de colaboración para a organización dunha nova edición do campionato mundial de surf, que se celebrará entre os días 1 e 6 de setembro.
 
O 28º Pantín Classic Galicia Pro mantén a súa categoría QS 6000 (antigas seis estrelas) na proba feminina e QS 1500 (3 estrelas) na masculina, o que permitirá un ano máis ter na praia de Pantín a algúns dos mellores surfistas mundiais.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS