Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Música, pintura, teatro e Nadal

A programación cultural deste mes ponse en marcha coa presentación do videoclip "La lluvia que te adorna", de Marcos Mella. O autor ferrolán actuará no Auditorio Municipal, nun acto que comezará coa entrega de diplomas aos participantes no Curso de horticultura doméstica. Será a partir das 19:30.
 

App "Escapp": nova aplicación para vítimas de violencia de xénero

A Escapp é unha nova aplicación específica para vítimas de violencia de xénero, permite ás mulleres vítimas do maltrato obter información de apoio e acceder a recursos, coma CIM, comisarias, ou hospitais, entre outros,de interese e próximos á súa localización. Todo iso dunha forma áxil, sinxela, intuitiva, gratuíta e sobre todo confidencial xa que a aplicación está deseñada para que permaneza oculta no menú do teléfono de tal maneira que tan só a usuaria implicada saiba que dispón dunha aplicación sobre violencia de xénero.

VI Xuntanza Solidaria de Nadal

Cartel da campaña

Os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais, xunto coa colaboración das Asociacións veciñais do Concello, organizan un ano máis a campaña de recollida de xoguetes para o posterior reparto entre as familias veciñas con maiores necesidades na época de Nadal.
A xuntanza terá lugar o día 13 de Decembro na Casa da Cultura a partir das 16:30 horas. Ás 17:00 horas agardarase a visita do apalpador que se encargará de repartir chocolate entre o público infantil asistente.

1 de Decembro: Día Mundial da loita contra a SIDA

Este día está destinado á concienciación pública sobre a infección por VIH. Conta con apoio da Organización das Nacións Unidas para a SIDA e de todos os axentes implicados na resposta a epidemia.

Actividades da AAVV Santiago Apóstol de Lago

Horario das actividades

Durante o curso 2015-2016 organiza as seguintes actividades: ximnasia terapéutica, pilates, aerobic, tai-chi, ioga, zumba, baile moderno, iniciación e perfeccionamento de gaita, bolillos, manualidades, canto e pandeireta.
 
Na imaxe adxunta móstrase a distribución de horarios.
 
Os interesados nestes cursos poden contactar coa asociación chamando ao número 650 258 332 (Conchi).

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS