Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Memoria "Emerxendo V"

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais e co financiamento da Deputación da Coruña levou a cabo durante o ano 2015, dentro do programa Emerxendo V, unha serie de accións co obxectivo de promover a inserción e previr situacións de exclusión social.

Cabalgata de Reis

A cabalgata dos Reis Magos pasará por Valdoviño este martes 5, con saída dende a Casa do Concello ás 18:30 horas e recepción na Casa da Cultura a partir das 19:00 horas.
 
Compre salientar que os caramelos e outros produtos repartidos polos Reis Magos son aptos para celíacos.

Normas da Cabalgata de Reis 2016

A Xunta de Goberno local vén de adoptar unha serie de normas para a celebración da Cabalgata de Reis 2016.
 
O regulamento aprobado atende a aspectos viais, de concienciación, relacionados cos participantes e ao itinerario, que este ano 2016 terá o seguinte percorrido:
 
Tramo urbano da estrada AC-566, Narón-Campo do Hospital, neste mesmo sentido de circulación, entre os puntos kilométricos 12,025 e 12,805:

Datos Programa Achega 2015

Dende o Departamento de Servizos Sociais Comuntarios do Concello infórmase dos datos rexistrados na campaña de recollida de alimentos e xoguetes levadas a cabo nas últimas semanas.
Na campaña realizada en colaboración co CPI Atios, cos CRA e Cáritas Parroquial foron recollidas máis de 1110 unidades de produtos (alimentación e hixiene, tanto habitual como de Nadal). Na recollida de xoguetes superaronse as expectativas, superando o número de unidades do ano pasado.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS