Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Os traballos realizados na antena do Coval ampliarán o alcance do sinal de televisión, telefonía e Internet

A instancias do Concello, Movistar completaba no día de onte os traballos eléctricos na antena municipal do Coval, necesarios para mellorar as comunicacións no municipio e, nomeadamente, evitar os problemas de recepción do sinal en zonas de Loira, Pantín, Vilaboa e Vilarrube.
 

Gairesa dona ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante

O Concello recepcionou esta mañá o material

A empresa química Gairesa donou esta mañá ao Concello de Valdoviño 135 litros de xel desinfectante para distribuír entre os servizos sociosanitarios do municipio.
 
Gairesa, empresa española líder na formulación e fabricación de resinas epoxi, poliuretanos, imprimacións, adhesivos de metacrilato e pinturas acrílicas, con sede en Valdoviño, concentrou nos últimos días a súa producción para facer posible este material, hoxe en día clave como medida de protección contra o coronavirus. Un exemplo de compromiso e solidariedade.
 

Únete ao movemento solidario en Valdoviño para impulsar a fabricación de pantallas faciais con impresoras 3D

Alex Beceiro

Primeiro foi a nivel estatal, logo autonómico e agora a nivel local. En Valdoviño vén de constituírse un grupo de «makers» voluntarios/as unidos/as por un obxectivo común: fabricar pantallas faciais de protección contra o coronavirus a través das impresoras 3D. Un movemento aberto á participación de todas e de todos.

As mulleres da Asociación María del Mar Becerra poñen as súas máquinas de coser a funcionar para confeccionar mascarillas

Charo Guerra, da asociación

«Porque toda axuda é pouca», as socias da Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra puxeron a funcionar as súas máquinas de coser para elaborar mascarillas de protección contra o coronavirus. Charo Guerra, da asociación, explica que queren axudar así nesta difícil situación, e que será o Concello de Valdoviño o encargado de recepcionar o material para o seu posterior reparto entre os servizos sociosanitarios.
 

O Concello de Valdoviño activa un servizo de apoio a persoas afectadas de alzheimer e ás súas familias

Cartaz do servizo

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da posta en marcha dun servizo de apoio e seguemento dirixido ás persoas afectadas de alzheimer e/ou outras demencias e ás súas familias. Un servizo que tentará dar resposta ás necesidades detectadas nos últimos días motivadas pola situación de confinamento. Prestarase a través de Afal -Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ferrol e comarca- e, nestes primeiros días, o equipo de profesionais estase a poñer en contacto cos/as veciños/as que acudían ata o momento ás terapias específicas que desenvolvía o Concello.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS