Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Últimos días para apuntarse á Volta ás Forcadas

O Concello de Valdoviño lembra que este xoves 13 de xuño conclúe o prazo de inscrición na cuarta edición da carreira Volta ás Forcadas. Unha cita deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo día 16, a partir das 11 horas e punto de partida en Loira. Con cuota de 4 euros para as categorías sénior, é gratuíta para as restantes. Así, o concelleiro de área, Sergio Saavedra, apunta que as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse na seguinte web: www.galitiming.com.
 

En marcha as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

O alcalde, Alberto González, xunto ao concelleiro de Obras, Benito Vega, realizaba unha visita de inicio de obra ao antigo mercado municipal, espazo que acollerá nuns meses o primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño. Será tras a intervención en marcha, cuxa primeira fase foi adxudicada á empresa Areco Arquitectura por un importe de 236.295,01 euros. Uns fondos que cofinancian Xunta e Concello, ao igual que a segunda fase.
 

O escritor Ramón Casadó presenta en Valdoviño a súa primeira novela

O escritor catalán Ramón Casadó Sampedro presentará este domingo, 9 de xuño, a súa primeira novela, Cuando despiertes, procura recordar en Valdoviño. Será a partir das 19 horas na sala de exposicións temporais, con entrada libre.
 

Os nenos e nenas de Infantil do CPI Atios sacan das aulas as súas obras de arte

Obras da exposición
Creación das obras da exposición
Creación das obras da exposición

Con tan só 3, 4 e 5 anos, os alumnos e alumnas de Educación Infantil do CPI Atios inaugurarán mañá venres, 7 de xuño, a súa primeira mostra de arte. Leva por título «Supercores 84», en alusión á explosión de cores que emana das creacións, inspiradas na obra do creador brasileiro Romero Britto, e ao número de estudantes do ciclo. A inauguración terá lugar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Valdoviño nun acto que principiará ás cinco e media da tarde e, tal e como sinala Iago Cadarso Vázquez, docente do ciclo, a el está convidado todo o mundo.

O Concello inicia as obras de mellora do illamento térmico da Biblioteca e accesibilidade ao almacén e auditorio da Casa da Cultura

Inicio das obras

O Concello de Valdoviño iniciaba no día de onte as obras de mellora do illamento térmico da Biblioteca e de accesibilidade ao almacén e auditorio da Casa da Cultura. Unha intervención que contempla a substitución das carpinterías de aluminio de vidro sinxelo, que favorecen as filtracións de auga e entrada de aire, por outras de mellores prestacións técnicas, reducindo considerablemente o gasto eléctrico en calefacción e mantenemento.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS