Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Posta en marcha da web municipal

Dende este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas e Día de Internet, o Concello de Valdoviño conta con nova web oficial.
 
Esta ferramenta permitirá axilizar os trámites, seguir o día a día da administración local ou coñecer os recursos naturais e de lecer de Valdoviño. A páxina, dispoñible en tres idiomas, aumenta a transparencia da institución coa difusión dos datos de retribucións dos concelleiros ou a publicación de orzamentos e actas plenarias.
 

Inauguración da exposición de Carlos Lamas

A sala de exposicións da Casa da Cultura acolleu no serán deste mércores a inauguración dunha mostra de tallas e gravados realizados por Carlos Lamas Hermida.
 
A exposición poderá visitarse ata o 30 de maio, en horario de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas. A entrada é de balde.

Comprometido o gasto do servizo de lacería

O Pleno aprobou o compromiso do gasto correspondente ao financiamento da xestión do servizo de lacería, recollida, aloxamento e control de animais domésticos e salvaxes en cautividade.
 
Este é o primeiro servizo compartido polos concellos da Mancomunidade e terá un custo anual para Valdoviño de 4.859,95 euros, cun compromiso por oito anos.
 
O Concello de Ferrol será o encargado de realizar a licitación.

Representantes na Mesa de comercio local

O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, e a concelleira da oposición Dolores Castro González representarán ao Concello na Mesa de comercio local.
 
A entidade, actualmente en fase de constitución, estará integrada polos empresarios rexistrados no epígrafe de comercio minorista interesados.

Programación cultural de maio: Letras Galegas

Actividades culturais de maio

A concellería de Cultura presenta, baixo o lema "Letras Galegas", a programación cultural municipal para o mes de maio.
 
Entre as actividades propostas destacan a I Festa Medieval de Valdoviño, que se celebrará durante o fin de semana do 11 ao 13, e os actos organizados co gallo do Día das Letras Galegas.
 
O programa completo é o seguinte:
 
MÉRCORES 2. CONCERTO DE VENTO E METAL DO CONSERVATORIO XAN VIAÑO DE FERROL para alumnos de CRA “O ESQUÍO”. 13,00 horas. Auditorio.
Organiza CRA “O Esquío”.

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS