Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

O Concello incorpora dous auxiliares de Policía para reforzar o servizo no verán

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da incorporación á plantilla municipal de dous auxiliares de Policía Local. A contratación sufrágase con cargo a fondos municipais e terá carácter temporal, por espazo de tres meses. Permitirá ó Concello reforzar o servizo, nuns meses onde o municipio recibe un signiticativo número de visitantes e turistas.
 

A Deputación da Coruña financia o proxecto de reordenación do litoral de Valdoviño

Momento da xuntanza

Mellorar a accesibilidade, promover alternativas ao tráfico rodado e acondicionar unha paraxe de especial riqueza paisaxística son os obxectivos do proxecto que a Deputación da Coruña financiará no Concello de Valdoviño, no entorno da parroquia de Meirás. O proxecto conta cun orzamento de 349.948,19 euros dos o 80% proveñen de fondos da Deputación da Coruña.
 

O Concello abre a inscrición en OcioSol, a oferta de actividades deportivas para o verán

Actividades OcioSol 2018

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá da apertura do prazo de inscrición en OcioSol, a programación de actividades deportivas do Concello de Valdoviño para os meses de verán. Unha programación, engadiu, que se amplía respecto a anos anteriores, aumentando o número de propostas e estendéndoas ás diferentes parroquias. Polo miúdo, o edil de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou que o Concello ofertará ximnasia de mantenemento en Meirás, Valdoviño (Casa da Cultura e entorno da Frouxeira) e Vilaboa; bailes de salón e tenis. O custe mensual oscila entre os 7,37 e os 12,54 euros.

As duchas da Frouxeira, sen servizo, tras os actos vandálicos da fin de semana

O Concello de Valdoviño denunciou esta mañá os actos vandálicos perpetrados durante a fin de semana nos servizos e equipamentos da praia da Frouxeira. Máis concretamente, produciuse a sustracción de todos e cada un dos cabezais das duchas ubicadas ó longo do areal. Unha operación que os vándalos realizaron provocando danos no resto dos elementos das duchas. Unha reposición que conlevará un gasto engadido para os veciños e veciñas de Valdoviño, xa que o Concello terá agora que desembolsar o custe dos cabezais e das reparacións.
 

A Casa da Cultura de Valdoviño acolle este sábado a XXXI Mostra da Canción Coral

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este sábado, 23 de xuño, a XXXI edición da Mostra da Canción Coral. Unha cita de referencia na comarca para os amantes da música coral. Dará comezo ás 19 horas, con entrada de balde ata completar aforo, e estará conducida por Andrés Vellón, delegado de La Voz de Galicia en Ferrol.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS