Las noticias y eventos de agenda sólo están disponibles en gallego.

Declaración institucional sobre el Pantín Classic coma patrimonio de Valdoviño

O Pantín Classic é máis que unha proba deportiva, máis que un campionato de surf: é PATRIMONIO de todos os veciños e veciñas de Valdoviño, e en especial dos de Pantín, quenes coa súa xenerosidade e traballo fixeron posible desde hai 32 anos a súa celebración.
 

Valdoviño recibe a axuda solicitada á UE para dotar de WIFI a contorna da Frouxeira

O paseo da praia e lagoa da Frouxeira converterase no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas. Será cunha axuda procedente da UE, que seleccionou o proxecto do Concello entre os máis de 10.000 presentados á convocatoria de axudas "Wifi4EU".
 
Recibirá unha subvención estimada en 15.000 euros para a instalación e o equipamento de equipos de wifi nesta contorna, de modo que o custe da iniciativa sexa cero para as arcas municipais.
 

II Itinerario Literario este sábado con paradas en Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás

O Concello de Valdoviño organiza este sábado 18 de maio o segundo Itinerario Literario por Valdoviño, no que as persoas participantes percorrerán as parroquias de Valdoviño, Lago, Sequeiro e Meirás facendo unha parada nelas para ler unha breve lembranza a modo de recoñecemento dalgún/a autor-a literario que estea ligado directamente co territorio. Neste caso, Evangelina Hermida (Valdoviño), Pepe Leira (Lago), Medos Romero (Sequeiro) e Rosa Aneiros (Meirás).
 

O equipo prebenxamín do Meirás CF participa este sábado na Fase Intermedia Provincial que se disputará en Narón

O equipo prebenxamín do Meirás C.F., trala consecución do subcampionato ligueiro, vai participar na Fase Intermedia Provincial este sábado 18 de maio nas instalacións do Narón Freixo en Río Seco.
 
Dende Concello e clube, quérese felicitar a este equipo polos éxitos acadados, o máis recente o da consecución do torneo de convivencia, onde participaron os 27 equipos da categoría prebenxamín da delegación de Ferrol.
 
Adxúntanse deseguido os horarios da fase provincial:

 

Arrancan as obras do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño

Arrancan as obras no centro

O Concello de Valdoviño informou da sinatura da acta de replanteo da primeira fase das obras de contrución do primeiro Centro Sociocomunitario de Valdoviño. O trámite co que, oficialmente, comezan as obras, adxudicadas á empresa Areco Arquitectura por un importe de 236.295,01 euros. Unha intervención que cofinancian Xunta de Galicia, a través dun convenio asinado coa Consellería de Política Social, e Concello de Valdoviño, ao igual que a segunda fase. En suma, a aportación da Xunta ascende a 150.000 euros.
 

Páginas

Suscribirse a Concello de Valdoviño RSS