O Concello sufragará o seguro das comisións de festas

O goberno tripartito de Valdoviño, PP, C.G e UporV, decidiu recientemente colaborar con tódalas comisións de festas do concello na celebración das festas patronais.
 
A colaboración consistirá en que o Concello fárase cargo do seguro de responsabilidade civil que tódalas comisións de festas teñen que ter suscrito para poder celebrar as festas patronais.
 
Dende o goberno municipal entenden que esta é unha boa maneira de colaborar con tódalas parroquias e comisións de festas, xa que ademais de aforrarlles uns euros que as comisións poden dedicar a outras actividades, tamén se lles evita un trámite burocrático e de papeleo que as comisións poden evitar.
 
Dende o concello de Valdoviño apostamos por unha colaboración plena e absoluta con tódalas parroquias nuns momentos tan complicados e nos que os recursos económicos son escasos.
 
En breves datas todas as comisións de festas do concello de Valdoviño serán convocadas a unha xuntanza na que se lles informará dos trámites a seguir para a cobertura dos seguros.