Viaxe cultural á Coruña

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos Sociais, organiza unha excursión cultural á Coruña dentro do Programa Envellecemento Cero subvencionado pola Deputación da Coruña.
 
A excursión terá lugar o xoves 18 de abril de 2013 co obxectivo de visitar os museos por excelencia da cidade: Casa do Home, Casa dos Peixes e Casa das Ciencias-Planetario.
 
A viaxe inclúe transporte, comida e seguro. As entradas aos museos corren a cargo das persoas participantes.
 
O prazo de inscrición: do 4 ao 11 de abril no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou no tlf. 981487041-ext.5