O Concello de Valdoviño abre o proceso de contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial

O Concello de Valdoviño procederá á contratación de 4 peóns e 1 albanel oficial de segunda con cargo a unha achega de 43.000 euros procedentes do programa PEL-Concellos da Deputación provincial. Os contratos serán a xornada completa por espazo de 5 meses. Así, as persoas interesadas nas prazas poderán presentar a instancia correspondente no Rexistro Xeral a partir de mañá luns 18 de maio e por espazo de 5 días naturais.
 
As bases da contratación están dispoñibles neste enlace: Contratación dun albanel e catro peóns.