Aberta a inscripción no obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”

Dirixido ás familias, o Concello de Valdoviño organiza o obradoiro “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”, a cargo de Raquel Veiga, educadora social experta en intervención familiar. Unha acción incluída na programación municipal «Somos e Contamos» coa que a Administración local quere celebrar o Día da Muller. Desenvolverase na escola unitaria de Lago, o día 12, a partir das 17 horas.
 
A actividade é gratuíta, pero require de inscrición previa e debe formalizarse no departamento municipal de Servizos Sociais -planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5-.
 
Así mesmo, e co ánimo de favorecer a asistencia, o CRA O Esquío pon a disposición das familias un servizo de coidado de menores.