O Concello pon en marcha nos centros educativos a Biblioteca “Ser e contar”

O Concello de Valdoviño vén de poñer en marcha a biblioteca «Ser e contar». Integrada por publicacións centradas na igualdade, a diversidade persoal e a educación emocional, os/as seus/úas principais destinatarios/as son a comunidade educativa –docentes e alumnado- e pretende facerse un oco tanto no CPI Atios como nas escolas unitarias do CRA O Esquío. A intención do Concello é poñer á súa disposición unha serie de libros que facilitan a formación neste campo e constitúen útiles ferramentas coas que traballar nas aulas valores tal que a igualdade e a diversidade.
 
Así mesmo, os libros, publicacións e materiais irán renovándose trimestralmente e, tamén, rotando entre o CPI e as escolas unitarias. A iniciativa forma parte do programa municipal de igualdade e prevención das violencias machistas «Somos e contamos».