O Concello porá en marcha campañas de control de velocidade en diversos puntos do municipio para tentar previr a siniestralidade

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, informou esta mañá de que a Policía Local emprenderá neste 2020 unha campaña especial de control de velocidade en diversos puntos do termo municipal co ánimo de tentar previr a siniestralidade naqueles máis conflictivos.
 
A iniciativa será posible grazas á cesión, por parte da Dirección Xeral de Tráfico, dun equipo de radar que o Concello xa ten na súa posesión. Así, os controis serán aleatorios e continuos ao longo do ano, con especial atención a aqueles puntos sinalados pola veciñanza como especialmente perigosos pola velocidade que soen levar os vehículos:
 
-AC566 (PK 12,020-PK 13,050)
-DP 5404 (PK 10,600-PK 12,600)
-Avenida Areeiros (entre a intersección coa DP-5404 e a intersección coa Avenida Gándara de Abaixo)
-Avenida Couce Casas (entre a intersección coa DP-5404 e a intersección coa 1C.6.0211)
-Avenida Ferrol (entre a intersección DP-5404 e a intersección 1C.6.0172)
-Paseo da Lagoa (entre a intersección coa DP-5404 e a intersección coa 1C.6.0124)
-Avenida da Saíña (entre a intersección coa DP-5404 e a intersección coa 1C.6.0029)
-Camiño do Graño (entre a intersección coa DP-5404 e a intersección coa 1C.6.072)
 
En todo caso, dende o Concello confíase en que esta campaña logre o efecto disuasorio desexado e poña en alerta aos condutores sobre a necesidade de respectar as normas e velocidades establecidas.