O Concello abre a inscrición nun curso de xestión do estrés e riscos psicosociais no servizo de axuda a domicilio

O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición nun curso de Xestión do Estrés e Riscos Psicosociais no Servizo de Axuda a Domicilio, dirixido especialmente ás persoas traballadoras no sector, aínda que aberto a todo o mundo interesado no tema. Así, para participar nesta acción formativa gratuíta é preciso anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais (planta baixa da casa consistorial ou teléfono 981 48 70 41 extensión 5).
 
De oito horas de duración, celebrarase do luns 16 ao xoves 19 de decembro, en horario de tarde, de 17 a 19 horas, no salón de plenos da casa consistorial.
 
A acción formativa está estruturada en dous módulos e, entre os contidos, abordarase os compoñentes e reaccións ante o estrés; técnicas de control fisiolóxico e mental ante a resposta de ansiedade ou manexo de persoas con discapacidades cognitivas e trastornos psíquicos. Así mesmo, haberá unha parte práctica con simulacións de casos reais.