Inauguración da mostra “Mimenina” e actuación de Bohemios este domingo en Valdoviño

A Casa da Cultura de Valdoviño inaugura exposición este domingo 1 de decembro. Trátase da mostra «Mimenina», dos usuarios e usuarias do CAMF-Ferrol. Unha serie de traballos creativos inspirados nas Meninas de Canido elaborados por persoas con diversidade funcional. Poderá visitarse durante todo o mes en horario de 9 a 14 horas martes e mércores e de 12 a 14 e de 16 a 19 horas de xoves a domingo.
 
A inauguración da exposición terá lugar ás 18,30 horas e contará cun reclamo de primeira, xa que o auditorio da Casa da Cultura albergará, ao seu remate, a actuación estelar da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios. A entrada é libre e de balde ata completar aforo.