Concello e tecido asociativo traballan na Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Promoción da Igualdade

As concellerías de Cultura, Educación e Turismo e de Servizos Sociais, Sanidade e Xuventude convocaron a semana pasada dúas mesas de traballo para continuar avanzando na elaboración da Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Promoción da Igualdade entre Mulleres e Homes.
 
A estas xornadas foron convidadas persoas representantes da comunidade educativa, do sector asociativo, deportivo e veciñal, así como tamén mulleres que representan un papel relevante a nivel do municipio.
 
O traballo que se desenvolveu nestas reunións foi de vital importancia para seguir a construír esta estratexia, que pretende trazar as liñas de acción en materia de igualdade para os vindeiros catro anos.
 
A seguinte mesa de traballo, de carácter técnico-político, celebrarase no mes de novembro, co obxectivo de facer unha devolución do traballo feito ata o momento e trasladar as actuacións propostas na Estratexia de prevención de violencias machistas e fomento da igualdade entre mulleres e homes. Unha estratexia que se presentará o vindeiro mes de novembro.