CD Rosalía, Meirás CF e SD Valdoviño disputarán o XXIX Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño

O campo de fútbol de Meirás acollerá este ano a XXIX edición do Triangular de Fútbol Concello de Valdoviño. No mesmo, tomarán parte o CD Rosalía de Vilaboa, a SD Valdoviño e o Meirás CF.
 
Onte pola mañá, os representantes dos clubes –José Luis Campos (presidente da SD Valdoviño); Juan Manuel Sabín (secretario do CD Rosalía); Juan Carlos Aneiros (presidente Meirás CF) e Marcos Casal Castro (adestrador do equipo xuvenil feminino do Amistade de Meirás)- acudían á casa consistorial para participar no sorteo dos encontros, presidido polo alcalde, Alberto González.
 
O Triangular disputarase o 17 de agosto e arrancará ás 17,30 horas cun encontro que enfrontará ás formacións xuvenís do Amistade de Meirás e Meirás CF. Os partidos serán de 45 minutos e, ás 18,30 horas, arrancarán na categoría sénior. Sobre as 21,30 horas está prevista a entrega de trofeos.
 
Dende o Concello, promotor do torneo xunto ós clubes participantes, anímase á veciñanza e tamén ás persoas que visitan o municipio a acudir ao mesmo, un dos máis veteranos da comarca, e disfrutar deste auténtico espectáculo de fútbol.