As entradas para o espectáculo que ofrecerá o mago Antón na Frouxeira, a disposición da veciñanza na Casa da Cultura

O mago Antón fará unha parada en Valdoviño o vindeiro 21 de xullo no marco da súa xira «A volta a Galicia en 313 concellos». No parque da Frouxeira ofrecerá ata seis funcións en horario de mañá -12 e 13 horas- e de tarde -18, 19, 20 e 21 horas-. Todas elas gratuítas, pero con preferencia para aqueles que retiren a súa entrada previamente, xa que as prazas por sesión son limitadas.

Así, as persoas interesadas en asistir ao espectáculo poden solicitar a súa entrada dende xa na Casa da Cultura, de martes a venres de 11 a 13 horas.
Un show incluído na programación cultural do Concello que conta coa colaboración da Deputación provincial da Coruña no marco da Rede Cultural.