O Concello instala novo alumeado LED nas vivendas de Mourente e no aparcadoiro do campo de fútbol

O alcalde, Alberto González, informou esta mañá do remate das obras de instalación do novo alumeado público na contorna das vivendas de Mourente, así como no aparcadoiro do campo municipal de fútbol, en obras tamén para habilitar o primeiro terreo de xogo de herba artificial do municipio. En concreto, renováronse 27 puntos de luz, implantando deste xeito tecnoloxía LED, o que permitirá aforrar na factura eléctrica, reducindo o consumo e mellorando o servizo.
 
A intervención financiouse con cargo á liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta e, xunto con outra obra de mellora da iluminación pública en Pantín, contou cun orzamento de 13.390,33 euros.