Concello e Federación Española de Surf convocan á hostalería local a unha xuntanza sobre o Campionato de España

O Concello de Valdoviño convoca a negocios de hostalería e restauración do municipio a unha xuntanza este venres, 24 de maio, na Casa da Cultura para abordar a súa participación no Campionato de España de Surfing. Comezará ás 10,30 horas e nela tomarán parte o presidente da Federación Española, Carlos García; a concelleira de Turismo, Rosana García, e o alcalde, Alberto González.

Na mesma, abordaránse as necesidades en canto a aloxamento e manutención derivadas da estancia dos preto de 400 deportistas que se prevé tomen parte na proba, así como dos visitantes que se acheguen ao municipio animados pola competición.