Valdoviño recibe a axuda solicitada á UE para dotar de WIFI a contorna da Frouxeira

O paseo da praia e lagoa da Frouxeira converterase no primeiro espazo público do municipio en dispor de conexión wifi gratuíta para os veciños e veciñas. Será cunha axuda procedente da UE, que seleccionou o proxecto do Concello entre os máis de 10.000 presentados á convocatoria de axudas "Wifi4EU".
 
Recibirá unha subvención estimada en 15.000 euros para a instalación e o equipamento de equipos de wifi nesta contorna, de modo que o custe da iniciativa sexa cero para as arcas municipais.
 
As redes financiadas polo programa "Wifi4EU" son gratuitas, sen publicidade e sen recollida de datos persoais, e só son financiadas aquelas que non dupliquen ofertas gratuitas, privadas ou públicas de calidade similar.